1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Depedendencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 40/2002.
2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: sistema de detección de incendios. b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número:. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación: 51.446 euros, IVE incluído.
5. Garantías: Provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo-Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-edificio anexo ó rectorado-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/ Areal, nº 46-planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte ó da data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.
8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se
este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.
9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 28 de outubro de 2002.
P.D. (Resolución 14-6-2002)
Augusto Viso Alonso
Xerente da Universidade de Vigo