Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2002 pola que se anuncia a contratación dos expedientes polos procedementos de adxudicación que se citan.

Concurso público, procedemento aberto, trámite urxente.

Subministracións.

Expediente nº: 049/2002.

Obxecto: adquisición dun sistema de electroforese en campo pulsante con equipo de documentación e análise de imaxe, para o Instituto de Análise Alimentaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 50.326,66 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 1.006,53 euros.

Prazo de entrega: 1 mes.

Expediente nº: 050/2002.

Obxecto: adquisición dunha estación automatizada de traballo de cariotipaxe, aberracións cromosómicas, intercambios entre cromátidas irmáns e micronúcleos, para o Instituto de Análise Alimentaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 118.608,34 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 2.372,17 euros.

Prazo de entrega: 2 meses.

Expediente nº: 055/2002.

Obxecto: equipamento Casa Simeón.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 90.350 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 1.807 euros.

Prazo de execución: 30 días.

Concurso público, procedemento aberto, trámite ordinario.

Contratos administrativos especiais.

Expediente nº: 624/2002.

Obxecto: cafetería-comedor da Escola Técnica Superior de Enxeñería Química.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Canon mínimo de explotación: 3.005,06 euros anuais, IVE incluído.

Garantía provisional: 601,01 euros.

Prazo de execución: 4 anos.

Asistencias técnicas.

Expediente nº: 622/2002.

Obxecto: auditoría financeira e de legalidade da Universidade de Santiago de Compostela e sociedades das que é socio maioritario. Exercicios 2002/2003.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 60.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 1.200 euros.

Prazo de entrega: 4 meses.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se entregarán: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

d) Prazos de entrega: os mencionados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

Provisionais: as especificadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Unidixital. Rosalía de Castro, 45, 15706 Santiago de Compostela (teléfono 981 55 30 32, correo electrónico info*unidixital.com) ou na copistería Unicopia. Avenida de Madrid, 11-15, 27002 Lugo (teléfono 982 28 03 85).

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Localidade e código postal: 15782, Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00, extensión 11260.

e) Fax: 981 54 70 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para os expedientes 049/2002, 050/2002 e 055/2002; o décimo quinto día para os expedientes 622/2002 e 624/2002.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de documentos: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para os expedientes 049/2002, 050/2002 e 055/2002; o décimo quinto día para os expedientes 622/2002 e 624/2002.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Rectorado. Rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Localidade e código postal: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Rexistro xeral. Servicios Centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

Domicilio: polígono de Fingoi, s/n.

Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela