Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de outubro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolucion dictada no expediente sancionador ES-P-008/02, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución dictada con data do 27 de xuño de 2002, polo órgano instructor do procedemento sancionador ES-P-008/02, na que se propón a imposición a Severino Carrera Vila dunha sanción de 3.005 A, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-83/490, conta 26, que lle foi adxudicada.

Consonte o artigo 19, en relación co artigo 3 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado dispón dun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta proposta de resolución, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes.

Igualmente, comunícaselle que a partir deste momento poderá acceder ó contido do expediente depositado nestas dependencias (r/ Alcalde Hevia,

número 7, Pontevedra) e que poderá obter copias dos documentos que constan nel.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 9 de outubro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: ES-P-008/02.

Infracción: artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro: O non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para os que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

Inculpado: Severino Carrera Vila.

Último enderezo coñecido: polígono Torneiros, bloque 15, portal 1, 2º A.

Intentos de notificación persoal: 2-7-2002, ás 12 horas (ausente).