Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 4 de outubro 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores AG-SA-75/2002-PO e AG-SA-87/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4 de febreiro de 1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Que así mesmo designo instructor dos expedientes a José María Muíños Mayoral e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Concédeselles ós interesados un prazo de quince días para que poidan examina-los expedientes así como formula-las alegacións que coiden axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 4 de outubro de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-75/2002-PO.

Denunciado: José Rodríguez Gómez.

Último enderezo coñecido: rúa Xanteira, 6 B, Vigo.

Feito denunciado: carecer do certificado de inscrición no Rexistro de vehículos para Transporte de Animais Vivos.

Data do acordo de incoación: 8-8-2002.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 52.4º do Decreto do 4 de febreiro de 1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 100 euros.

Expediente: AG-SA-87/2002-PO.

Denunciado: Feliciano Rial González.

Último enderezo coñecido: Manuel de Castro, nº 5, 3º D, Vigo.

Feito denunciado: guía de orixe caducada.

Data do acordo de incoación: 5-9-2002.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 36.64º e 212 do Decreto do 4 de febreiro de 1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 220 euros.