Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recursos de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Baltar-Texós (Baltar, Ourense), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle á interesada que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución dos recursos de alzada interpostos por Emilia Cuquejo López e José Antonio Vázquez Carrasco contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Baltar-Texós (Baltar, Ourense).

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinataria: Blasinda Rocío Vázquez.

Domicilio: Cardenal Quiroga, 28-3º esq., Ourense 32003.

Texto:

«Estimar parcialmente os recursos de alzada interpostos por Emilia Cuquejo López (propietaria nº 121) e José Antonio Vázquez Carrasco (propietario nº 507), contra o acordo de concentración parcelaria de Baltar-Texós, Baltar (Ourense), no sentido de:

* A José Antonio Vázquez Carrasco:

Adxudicarlle o predio nº 1.878, procedente de terras sobrantes, cunha superficie de 11-30 áreas, un valor de 58.725 puntos e clasificación reflectida na ficha de atribucións correspondente.

Como consecuencia do anterior, detráese ese valor do seu predio nº 1.628, que se divide en dous, quedando co nº 1.628-1 cunha superficie de 42-10 áreas e un valor de 105.250 puntos e coa clasificación reflectida na ficha de atribucións correspondente.

* Na relación de terras sobrantes:

Dar de baixa o predio nº 1.878.

Dar de alta o predio nº 1.628-2 cunha superfie de 23-40 áreas e un valor de 58.500 puntos.

* A Emilia Cuquejo López:

Modifica-la configuración do predio nº 1.877, que pasará a figurar cunha superficie de 22-30 áreas, un valor de 173.300 puntos e coa clasificación reflectida na ficha de atribucións correspondente.

* A Blasinda Rocío Vázquez e outros (propietario nº 538):

Modifica-la configuración do predio nº 1.879, que quedará cunha superficie de 39-10 áreas, un valor de 273.175 puntos e clasificación reflectida na ficha de atribucións correspondente.

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses, contados a partir da recepción desta, de conformidade co establecido no artigo 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».