Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo, Central Hidroeléctrica de Ramallal, no termo municipal da Lama, provincia de Pontevedra.

Visto o escrito presentado pola sociedade Minicentrales del Verdugo, S.L., con CIF nº B-27267822 e con domicilio para efectos de notificacións en Cantón Grande nº 6-6º A, 15003 A Coruña, solicitando autorización administrativa e aprobación do proxecto do aproveitamento hidroeléctrico arriba epigrafiado, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 15 de febreiro de 1988, Minicentrales Asturianas, S.A. presentou perante a Consellería de

Ordenación do Territorio e Obras públicas unha solicitude de concesión para derivar un caudal de 3.000 l/s do río Verdugo, no concello da Lama (Pontevedra), con destino á producción eléctrica, presentando a documentación pertinente para a tramitación de concesións e autorizacións administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal no superior a 5.000 kVA, segundo o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo, polo que se establece un procedemento abreviado de tramitación de concesións e autorizacións administrativas para a instalación, ampliación ou adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos con potencia nominal non superior a 5.000 kVA e o Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, todo iso en relación ó Decreto 63/1997, do 14 de marzo, polo que se regula o exercicio de determinadas funcións en relación coa tramitación dos aproveitamentos

hidroeléctricos con potencia nominal non superior a 5.000 kVA nas cuncas de Galicia costa.

Segundo.-Augas de Galicia someteu a trámite de información pública, mediante Resolución do 9 de xullo de 1997, publicada no BOP de Pontevedra do 23 de xullo e no DOG do 11 de agosto, as peticións de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Verdugo, xunto cos proxectos e estudio medioambiental dos proxectos en competencia.

Durante o período de información pública recibíronse alegacións, as cales non afectaban as instalacións electromecánicas.

Terceiro.-A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formulou o 3 de setembro de 1998 a preceptiva declaración de efectos ambientais do proxecto denominado «Aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo (central de Ramallal)» no concello da Lama, Pontevedra.

Catro.-Os dereitos que posuía a sociedade peticionaria, Minicentrales Asturianas, S.A., con relación á solicitude da concesión hidroeléctrica no río Verdugo son cedidos, conforme a normativa de aplicación, á Sociedad Española de Generación Eléctrica-SEGEL, S.L., de forma que a partir dese momento tódolos trámites que se substanciaron respecto ó expediente mencionado entendéronse con esta empresa mercantil.

Quinto.-Mediante escrito de entrada do 7 de maio de 2001 a sociedade Minicentrales del Verdugo, S.L. notificou a cesión dos dereitos que posuía Sociedad Española de Generación Eléctrica-SEGEL, S.L. con relación á solicitude de concesión hidroeléctrica no río Verdugo do expediente de referencia, de forma que a partir dese momento considerouse peticionario

a Minicentrales del Verdugo, S.L. e tódolos trámites que se substanciaron respecto ó expediente mencionado entendéronse con esta empresa mercantil.

Sexto.-O 14 de maio de 2001 o presidente de Augas de Galicia resolve outorgar a favor de Minicentrales del Verdugo, S.L. unha concesión para derivar un caudal de ata 3.000 l/s dentro do tramo comprendido entre as cotas 523 e 390 do río Verdugo e entre as cotas 525 do regato de Xaque (río Galcira) e a confluencia deste co río Verdugo, no termo municipal da Lama, provincia de Pontevedra, con destino á producción de enerxía eléctrica para uso público e declarar de utilidade pública as obras constructivas do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes sobre os bens e dereitos que correspondan.

Sétimo.-O 22 de maio de 2002, Luis Castro Valdivia, en nome e representación de Minicentrales del Verdugo, S.L., solicitou a autorización das instalacións electromecánicas e aprobación do proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo, central de Ramallal, achegando a documentación establecida a efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo, xa mencionados.

Oitavo.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica do río Verdugo, central de Ramallal, segundo o proxecto de execución desta, asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares e visado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia con número 1012/2002, teñen as seguintes características:

-Caudal máximo derivado: 3.000 l/s.

-Caudal ecolóxico: 145 l/s.

-Salto útil: 129,82 m.

-Salto neto: 126,32 m.

-Dúas turbinas tipo Francis, de eixe vertical de 1.000 rpm, de 2.250 e 750 l/s respectivamente e un rendemento de 0,89 cada un.

-Dous xeradores síncronos de 3.025 e 1.008 kVA de potencia, 50 Hz de frecuencia e unha tensión de xeración de 5 kV.

-Un transformador de potencia de 4 MVA e relación de transformación 5/20 kV.

-Un transformador de 50 kVA de potencia nominal e 20 kV/400 V de relación de transformación destinado a subministrar enerxía en baixa tensión ós distintos servicios da central.

-Un transformador de 10 kVA de potencia nominal e 690/400 V de relación de transformación destinado a subministrar enerxía ó azude e á cámara de carga.

-Producción media anual estimada: 13.738.688 kWh.

-Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización, medida e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

-Orzamento de execución por contrata sen IVA: 8.657,32 euros.

Noveno.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas es competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autoriza-las instalacións electromecánicas do aproveitamento hidroeléctrico do río Verdugo, central de Ramallal, que afecta ó termo municipal da Lama, provincia de Pontevedra.

-Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da devandita central hidroeléctrica.

Queda obrigada a empresa titular da instalación a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade e medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL