Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/287).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sucesores de Manuel Leira, S.L.

Domicilio social: San Martiño de Porto, Cabanas (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S. e C.T. Os Cocidos.

Situación: Cabanas.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.Z. 1 12/20 kV de 3 (1x150) mm Al, de 518 m de lonxitude, con orixe no C.T.A. Os Anidos

e final no C.T. Os Cocidos, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Os Cocidos, do que parte rede de baixa tensión subterránea, baixo tubo con conductor R.V 0,6/1 kV de 388 m de lonxitude, que se conecta á rede existente. Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña