Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/330-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T e centro de distribución Pazos de Reis I.

Situación: concello de Tui.

Características técnicas: L.M.T subterránea, a 20 kV, de 80 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde a subestación propiedade de Unión Fenosa ata o centro de seccionamento que se proxecta en Pazos de Reis I, no concello de Tui, composto de dous edificios e con celas de corte S.F.6. Transformador auxiliar de 1,5 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra