Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.
Domicilio social: rúa Igrexa, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.
Denominación: L.M.T. Pazos, Coveliño.
Situación: concello de Ponte Caldelas.
Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.016 m de lonxitude, con conductor LA-56 e LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón, desde Pazos ata Coveliño, no concello de Ponte Caldelas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 10 de setembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra