Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 01/0000465/2002-IN, interposto por Ramón Ángel Rivas Lago, Manuel Maneiro Pais e Fernando Carrera Rodríguez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000465/2002-IN, interposto por Ramón Ángel Rivas Lago, Manuel Maneiro Pais e Fernando Carrera Rodríguez, contra as resolucións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 8 de febreiro de 2002, polas que se estiman parcialmente os recursos de reposición formulados contra as ordes do 29 de novembro de 2001, polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), nas escalas de titulado náutico-pesqueiro de vixilancia pesqueira e de subinspección pesqueira e se suspende a eficacia das devanditas ordes.

En consecuencia, esta dirección xeral

ACORDOU:

Nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA