Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.526

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (45/2002).

Nos autos de nulidade matrimonial número 45/2002, seguidos neste xulgado por instancia de José Ramón Horta Abuín, representado polo procurador Sr. Gómez, contra Liliana Correa Castrillón

(rebelde), e sendo parte o Ministerio Fiscal, dictouse a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia.

En Noia, dous de setembro de dous mil dous.

Mª Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dos de Noia e o seu partido, tendo visto os presentes autos de xuízo de nulidade matrimonial 45/2002, seguidos perante este xulgado, sendo demandante José Ramón Horta Abuín, representado polo procurador Francisco Gómez Castro e asistido da letrada Teresa Blanco Nieto, e demandados Liliana Correa Castrillón (rebelde) e sendo parte o Ministerio Fiscal; versan os autos sobre nulidade matrimonial.

Decido, que desestimando a demanda formulada polo procurador Sr. Gómez Castro, en nome e representación de José Ramón Horta Abuín, contra Liliana Correa Castrillón e Ministerio Fiscal, debo declarar e declaro a validez do matrimonio contraído o 11 de outubro de 2000 por ambos, con tódolos efectos legais inherentes á tal declaración, todo isto sen imposición de custas.

Notifíquese esta resolución, da que se unirá certificación, ás actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentencias, con indicación de non ser firme por caber contra ela recurso de apelación para interpor, se for o caso, perante este xulgado e para a Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentencia».

E para que conste e sirva de notificación a Liliana Correa Castrillón, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Noia o nove de setembro de dous mil dous; dou fe.

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA