Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos número 02/4775/2002 e dous máis, contra o decreto do Consello da Xunta de Galicia 162/2002 (Diario Oficial de Galicia do 13 de maio) polo que se decreta a suspensión das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Oroso.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números 02/4775/2002, interposto por Pilar Raña Dafonte, 02/4776/2002, interposto polo Concello de Oroso e 02/4913/2002, interposto por Promociones Inmobiliarias Chinto, S.L., Urbanizadora O Monte, S.L., Mahía Inmobi

liaria, S.L., Manuel Piñeiro Cernadas, Francisco Gendre García, Josefina Rial Boquete, Jesús Ramón López Outes, María Manuela Miras Soneira, Manuel Souto Caneda, César Barbeira Carneiro, Jesús Babío Veiga y Jesús Rial Miras, contra o decreto do Consello da Xunta de Galicia 162/2002 (DOG do 13 de maio), polo que se decreta a suspensión das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Oroso, esta secretaría resolveu ordena-la remisión do correspondente expediente ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda