Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.522

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de outubro de 2002 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional para cubrir prazas da especialidade de economía.

Advertidos erros na devandita orde publicada no DOG do 28 de outubro do 2002, é necesario face-la seguinte rectificación:

-Na páxina 15.255, base terceira, onde di:

«De conformidade coa disposición transitoria quinta e o anexo V do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, poderán solicitar estas prazas, por unha soa vez, e con ocasión de vacantes, os profesores de ensino secundario que aínda non sendo titulares da especialidade reúnan as seguintes condicións:

1. Ter destino no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do número 6 da disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, transcorresen ó remate do presente curso académico, alomenos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

2. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:..».

Debe dicir:

«De conformidade coa disposición transitoria quinta e co anexo V do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, poderán solicitar estas prazas, por unha soa vez, e con ocasión de vacantes, os profesores de ensino secundario que aínda non sendo titulares da especialidade reúnan as seguintes condicións:

1.A. Funcionarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

1.1. Poderán participar con carácter voluntario neste concurso de traslados:

a) Os funcionarios que estean en situación de servicio activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do número 6 da disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, transcorresen ó remate do presente curso académico, alomenos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

b) Os funcionarios que se atopen en situación de servicios especiais declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Eduación e Ordenación Universitaria, sempre que trascorresen ó remate do presente curso académico, alomenos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

c) Os funcionarios que estean en situación de excedencia voluntaria declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Se se tratase dos supostos de excedencia voluntaria por interese particular ou por agrupación familiar recollidos nos puntos 2º e 3º do artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública galega, só poderán participar se ó finaliza-lo curso escolar en que se realicen as convocatorias transcorresen dous anos desde que pasaron a esta situación.

d) Os funcionarios que se atopen en situación de suspensión declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que ó finaliza-lo curso escolar en que se realicen as convocatorias transcorrese o tempo de duración da sanción disciplinaria de suspensión.

1.2. Para os efectos previstos no punto 1 entenderase como data de finalización do curso académico a do 30 de setembro de 2003.

1.B. Os profesores con destino provisional durante o curso 2002/2003 que estean prestando servicios en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:...».