De conformidade coa base común 7.1 da Orde do 16 de xullo de 2002 pola que se convocaban procedementos selectivos de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario quenda especial, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
En consecuencia, esta dirección xeral
DISPÓN:
Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as puntuacións provisionais dos baremos establecidos na Orde do 16 de xullo de 2002.
Segundo.-Contra estas puntuacións poderá interpoñerse recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o
conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2002.
Severino Somoza Gómez
Director xeral de Persoal