Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.520

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 28 de outubro de 2002, do tribunal V-B designado para xulga-lo proceso selectivo de persoal laboral fixo, para o acceso á categoría 003 (ordenanza, telefonista e outros) do grupo V convocado por Orde do 30 de xullo de 2001 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, polo que se fan públicas as puntuacións da fase de concurso.

O tribunal V-B encargado de xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 003 (ordenanza, telefonista e outros) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 8 de outubro de 2002,

ACORDOU:

Primeiro.-Facer públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso, que serán publicadas nos servicios de información e atención ó cidadán da Xunta de Galicia.

Segundo.-Os aspirantes que non estean de acordo coa puntuación provisional outorgada poderán formula-las alegacións que consideren pertinentes, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG mediante comunicación a este tribunal dirixida á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Adminis

tración Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

Ramón del Valle López

Presidente do tribunal V-B