Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.521

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos industriais, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

Na sesión que tivo lugar o día 18 de outubro de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos industriais, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou:

O cuarto exercicio da fase de oposición realizarase o día 25 de novembro de 2002, ás 16 horas, na aula nº 11 da Escola Galega de Administración Pública, situada no polígono das Fontiñas; rúa de Madrid 2-4, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

De acordo co disposto na base II.2.2 da orde de convocatoria, para a realización deste exercicio poderán servirse os opositores de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Presidente do tribunal