Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.510

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2002 pola que se conceden prórrogas das bolsas para a formación de doutores en grupos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan proxectos de investigación vixentes, convocadas na Orde do 29 de agosto de 2002.

A Orde do 29 de agosto de 2002 (DOG do 13 de setembro) aproba as bases que rexerán a convocatoria da prórroga de bolsas para a formación de doutores en grupos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan proxectos de investigación vixente e que se proceda á súa convocatoria.

As solicitudes admitidas para participar na dita convocatoria foron estudiadas pola comisión de selección de investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro).

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle a prórroga da bolsa para a formación de doutores en grupos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan proxectos de investigación vixente, por un novo período de doce meses, comprendidos entre o día 1 de outubro de 2002 e o 30 de setembro de 2003, ás persoas que se relacionan no anexo á presente resolución.

Estas bolsas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Segundo.-O pagamento das bolsas farase segundo o establecido no punto 7 das bases da convocatoria.

Terceiro.-A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a formalización dos documentos de aceptación das bolsas ós que se fai referencia na base 7 da mencionada convocatoria e para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Cuarto.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 29 de agosto de 2002 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 29-8-2002, DOG do 13 de setembro)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO

APELIDOS E NOMENIF

ALEXANDRE CORTIZO, ENRIQUE10867381-L
ANTELO MARTINEZ, JUAN33296985-T
CARPINTEIRO BOTANA, JOSEFINA33296705-L
CURTY ALONSO, MARCOS36107904-C
DIAZ BALADO, ALICIA76577046-H
DIAZ HERMIDA, FELIX32680846-P
DIAZ PRADO, SILVIA MARIA32823979-N
FERNANDEZ SONEIRA, ANA MARIA36101448-G
FREIRE PAZ, ELENA33319115-G
GONZALEZ IGLESIA, SARTURO76967412-M
GONZALEZ SOTELO, LOURDES36130696-L
HERBELLO HERMELLO, PALOMA78736860-V
LOPEZ FERNANDEZ, JESUS ALBERTO34264351-D
MARIÑO PEREZ, MARTA78794608-N
MATEO RODRIGUEZ, EDUARDO FABIAN46896764-V
PAZO LLORENTE, ROMAN36091185-E
PEREZ LORENZO, MARIA44457673-F
RAMOS CABRER, ANA MARIA33316631-G
RODRIGUEZ RAMILO, SILVIA TERESA36134258-Q
SAAVEDRA PLACES, Mª ANGELES76965170-V
VILAS SALLERES, CARLOS46898940-P