Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.510

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de outubro do 2002 pola que se nomean os membros do xurado do Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2002.

A orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 12 de xullo de 2002 (DOG do 23 de xullo), convoca o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2002.

Na base quinta do artigo 1º da devandita orde establécese a composición do xurado, que seleccionará os candidatos. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre

proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Nomear membros do xurado do Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2002, as persoas que a seguir se relacionan:

Presidente: Miguel Ángel Ríos Fernández, secretario xeral de Investigación de Desenvolvemento.

Vocais:

-Manuel Balseiro González, proposto pola Fundación Empresa-Universidade Galega.

-Antonio Fontenla Ramil, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia.

-Norberto Penedo Rey, proposto polo Igape.

-Alberto Tizón Martín, proposto pola Consellería de Industria e Comercio.

Secretario: Benito R. Fernández Rodríguez, subdirector xeral de Xestión da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento que actuará con voz pero sen voto.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública