Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.510

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de outubro do 2002 pola que se concede o Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2002.

Pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 12 de xullo de 2002 (DOG do 23 de xullo), convocáronse o Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e o Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2002.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Primeiro.-Concede-lo Premio Eugenio Montero Ríos de investigación Social a José Antonio Gómez Segade.

Segundo.-Concede-lo Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais) a Ángel García Vidal.

A presente orde pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública