Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.502

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 233/2002, do 6 de xuño, polo que se modifica o Decreto 78/1993, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no texto do citado decreto, publicado no DOG nº 137, do 17 de xullo de 2002, cómpre publica-las correccións seguintes:

No anexo, páxina 11.190, décimo primeiro criterio de avaliación, onde di: «Explicar, a partir do coñecemento da composición...», debe dicir: «Explicar, a partir do coñecemento da distribución da enerxía solar, da composición...».

No anexo, páxina 11.190, décimo segundo criterio de avaliación, onde di: «...morfolóxicos máis relevantes», debe dicir: «...morfolóxicos máis relevantes. Describi-las características esenciais da especie humana».

No anexo, páxina 11.190, décimo cuarto criterio de avaliación, onde di: «Aprender a caracterizar un ecosistema, recoñecendo...», debe dicir: «Aprender a caracterizar un ecosistema, empregando os conceptos de ecosfera e biosfera, recoñecendo...».

No anexo, páxina 11.191, último criterio de avaliación, onde di: «Defini-los conceptos de nutrición celular e respiración, aplicando...», debe dicir: «Defini-los conceptos de nutrición celular (autótrofa e heterótrofa), respiración e reproducción (animal e vexetal), aplicando...».

No anexo, páxina 11.191, segundo parágrafo do bloque de contidos II.1 O ser humano como animal pluricelular, onde di: «...Causas e prevención», debe

dicir: «...Causas e prevención. Transplante de órganos e tecidos».

No anexo, páxina 11.191, terceiro parágrafo do bloque de contidos II.2 A nutrición e a saúde, onde di: «A conservación dos alimentos», debe dicir: «A conservación e comercialización dos alimentos».

No anexo, páxina 11.191, primeiro parágrafo do bloque de contidos II.3 Relación e coordinación, onde di: «...Os distintos niveis de integración nerviosa», debe dicir: «...Os distintos niveis de integración nerviosa. Procesos dexenerativos do sistema nervioso: enfermidade de Alzheimer. Factores que repercuten na saúde mental».

No anexo, páxina 11.191, segundo parágrafo do bloque de contidos II.3 Relación e coordinación, onde di: «O sistema endócrino. As glándulas e as principios hormonas», debe dicir: «O sistema endócrino. As glándulas e as principais hormonas. Equilibrio hormonal. Enfermidades máis frecuentes».

No anexo, páxina 11.192, criterio de avaliación décimo primeiro, onde di: «Explica-lo movemento, identificando os órganos que interveñen...», debe dicir: «Explica-lo movemento, identificando os órganos, músculos e osos que interveñen...».

No anexo, páxina 11.192, bloque de contidos II.1 Xenética, terceiro parágrafo, onde di: «...estudio dalgunhas enfermidades hereditarias humanas», debe dicir: «...estudio dalgunhas enfermidades hereditarias humanas. Diagnóstico prenatal».

No anexo, páxina 11.193, segundo criterio de avaliación, onde di: «...da Terra á luz da tectónica global», debe dicir: «...da Terra á luz da tectónica global e realizar mapas mundiais e zonais de situación das placas litosféricas».

No anexo, páxina 11.198, quinto obxectivo, onde di: «...adquirir unha perspectiva global da evolución histórica da humanidade e a comprensión das nocións de cambio e permanencia», debe dicir: «...adquirir unha perspectiva global da evolución histórica da humanidade, con especial atención a España e Galicia, e a comprensión das nocións de cambio e permanencia».

No anexo, páxina 11.198, sétimo obxectivo, onde di: «...económico, social, político e ambiental destas», debe dicir: «...económico, social, político e ambiental destas. Identifica-los espacios rurais, industriais, de servicios e urbanos».

No anexo, páxina 11.202, terceiro criterio de avaliación, onde di: «Coñece-las institucións, as normas...», debe dicir: «Coñece-la organización político-administrativa do Estado español, as súas institucións, as normas...».

No anexo, páxina 11.202, sexto criterio de avaliación, onde di: «Ordenar e representar graficamente algún aspecto...», debe dicir: «Ordenar e representar graficamente a evolución, sinalando os principais momentos de cambio, dalgún aspecto...».

No anexo, páxina 11.202, sétimo criterio de avaliación, onde di: «Identificar e situar xeograficamente os principais pobos, sociedades e culturas que se desenvolveron na Península Ibérica ata a época moderna e analizar algunhas das principais achegas que contribúen á formación da nosa identidade», debe dicir: «Comprende-lo proceso de hominización e a evolución cultural da humanidade ata a aparición da escritura e analiza-los cambios radicais que acompañan a revolución neolítica».

No anexo, páxina 11.202, décimo primeiro criterio de avaliación, onde di: «Ordenar e representar graficamente a evolución dalgún aspecto significativo da vida humana ó longo de diferentes épocas históricas sinalando os principais momentos de cambio nesa evolución», debe dicir: «Coñece-la transcendencia da ruptura da unidade do mundo mediterráneo e a configuración de tres modelos distintos de civilización: Bizancio, Islam e a Cristiandade latina. Formarse un esquema básico de comprensión sobre o período visigodo como ponte entre a Hispania romana e a Idade Media».

No anexo, páxina 11.206, primeiro criterio de avaliación, onde di: «...cos propios da historia de España e de Galicia», debe dicir: «...cos propios da historia de España, da súa monarquía e de Galicia. Valora-la importancia da ampliación do mundo coñecido, subliñando o protagonismo dos pobos ibéricos».

No anexo, páxina 11.214, segundo parágrafo do bloque de contidos V Espacio e volume, onde di: «...perspectiva cabaleira e perspectiva cónica», debe dicir: «...perspectiva cabaleira e perspectiva cónica. Sistema diédrico».

No anexo, páxina 11.276, terceiro parágrafo do bloque de contidos II.2. Os instrumentos, onde di: «...características da música étnica», debe dicir: «...características da música étnica. Música de cámara e sinfónica».

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO