Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.502

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 231/2002, do 6 de xuño, polo que se modifica o Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no texto do citado decreto, publicado no DOG nº 135, do 15 de xullo de 2002, cómpre publica-las correccións seguintes:

No anexo, páxina 10.934, no segundo criterio de avaliación, onde di: «...da dinámica histórica», debe dicir: «...da dinámica histórica, incidindo na transcendencia da Constitución de 1978 e na construcción do Estado das Autonomías».

No anexo, páxina 10.976, no oitavo criterio de avaliación, onde di: «Amosa-la ensamblaxe de obxectos sinxelos...», debe dicir: «Representar obxectos sinxelos...».

No anexo, páxina 10.978, no primeiro obxectivo, onde di: «...como resposta a un problema formal concreto», debe dicir: «...como resposta a un problema formal concreto, e ser capaz de representalos nun plano».

No anexo, páxina 10.979, noveno obxectivo, onde di: «Utilizar con destreza...», debe dicir: «Domina-los elementos básicos, tanto plásticos como semióticos, do deseño gráfico, e utilizar con destreza...».

No anexo, páxina 10.988, no título do bloque II de contidos, onde di: «...Aproximación á racionalización da forma tridimensional», debe dicir: «...Aproximación á racionalización da forma tridimensional e a súa valoración expresiva e creativa».

No anexo, páxina 10.991, no noveno obxectivo, onde di: «...en relación cos demais seres vivos», debe dicir: «...en relación cos demais seres vivos e nos procesos industriais».

No anexo, páxina 10.992, no oitavo criterio de avaliación, onde di: «...relaciona-la recombinación e as mutacións coa variabilidade...», debe dicir: «...relaciona-la meiose e as mutacións coa variabilidade...».

No anexo, páxina 10.994, no terceiro parágrafo do bloque V de contidos, onde di: «...Métodos de manipulación da reproducción. Implicacións», debe dicir: «...Métodos de manipulación da reproducción. Clonación. Implicacións».

No anexo, páxina 10.997, terceiro criterio de avaliación, onde di: «...segundo diferentes criterios», debe dicir: «...segundo diferentes criterios. Considera-los prexuízos da sobreexplotación dos recursos (enerxéticos, minerais, hídricos e forestais)».

No anexo, páxina 10.997, cuarto criterio de avaliación, onde di: «Coñece-las características do fluxo

de enerxía nos ecosistemas,... para o aproveitamento de recursos biolóxicos», debe dicir: «Coñece-las características do fluxo de enerxía entre as distintas capas da Terra e nos ecosistemas,... para o aproveitamento de recursos naturais».

No anexo, páxina 10.997, décimo cuarto criterio de avaliación, onde di: «...de distintos modelos socioeconómicos», debe dicir: «...de distintos modelos socioeconómicos (conservacionista e de desenvolvemento sostible)».

No anexo, páxina 11.024, cuarto criterio de avaliación, onde di: «...a través do estudio dos seus intervalos de crecemento e decrecemento, extremos... (en casos de funcións polinómicas ou racionais elementais), interpretando...», debe dicir: «...a través do estudio das súas propiedades globais e locais (dominio, recorrido, continuidade, simetrías, periodicidade, puntos de corte, asíntotas, intervalos de crecemento e decrecemento, e extremos), en funcións polinómicas ou racionais elementais, interpretando...».