Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.496

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN ASILO-HOSPITALIÑO DE ANCIÁNS, ENFERMOS E DESAMPARADOS DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto.

Obxecto do contrato. É a venda, mediante poxa aberta, dunha parcela edificable, propiedade da Fundación Asilo-Hospitaliño de Anciáns, Enfermos e Desamparados de Vilagarcía de Arousa, de 151,83 m, na rúa Ramón López Piñeiro (PERI da Escardia).

Tipo de licitación. Fíxase en 66.380,58 A. A mellora realizarase á alza, con respecto ó tipo de licitación.

Fianza provisional. Fíxase en 1.327,61 A.

Proposicións. Presentaranse no departamento de Contratación do Concello de Vilagarcía de Arousa, conforme o modelo que consta no prego de cláusulas administrativas particulares e xunto coa documentación prevista na cláusula VII do mesmo prego, das 9.30 ás 13.30 horas, durante o prazo de 26 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publiación do último dos anuncios de licitación no DOG ou diario de prensa.

Apertura de plicas. Na sede da fundación, rúa Ramón López Piñeiro nº 11, ás 12 horas do 5º día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas.

Exposición do expediente. No departamento de Contratación do Concello de Vilagarcía de Arousa, en días laborables, das 9.30 ás 13.30 horas, agás o sábado.

Vilagarcía de Arousa, 23 de setembro de 2002.

Joaquín Javier Gago López

Presidente da Fundación Asilo-Hospitaliño

de Anciáns, Enfermos e Desamparados

de Vilagarcía de Arousa