Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELACIÓN número 5 de plans provinciais (adicionais) de 2002.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións, para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Nº e plan adic./denominación/concello/prazo execución/clasif. contratista/orzamento.

-123PB/Abast. e pavimentación Rubiá/Rubiá/4 meses/--/60.102.

-134PB/CV 321 Manchica-A Seara (beirarr. P. Montes/A Merca/2 meses/--/108.182.

-257POL/s.n. Loureses-Nocedo/Os Blancos/3 meses/A.2.d/150.203.

-258POL/CV 167 Celanova-Quintela de Leirado/Celanova/5 meses/G.6.c/120.203.

-259POL/CV 14 Luíntra-Loña-Coutada/Esgos/4 meses/--/120.202.

-262POL/CV 1 Sandiás-Ponte Liñares/Vilar de Santos/3 meses/--/90.152.

Ourense, 25 de outubro de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense

FUNDACIÓN ASILO-HOSPITALIÑO DE ANCIÁNS, ENFERMOS E

DESAMPARADOS DE VILAGARCÍA

DE AROUSA