Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para a adquisición de vehículos para transporte de RSU.

De conformidade co acordado pola Corporación Provincial, na sesión do 27 de setembro de 2002,

convócase concurso para a subministración a esta deputación de tres cabezas tractoras dotadas con semirremolque e colector específico para o traslado de residuos urbanos no marco do Plan de recollida selectiva de residuos da provincia de Ourense, con tipo de licitación de 574.436 euros. Os pregos de condicións íntegros publícanse no BOP do día da data, e seranlles facilitados gratuitamente a tódolos que os soliciten. Enderezo: rúa Progreso, 32. Teléfono: 988 38 51 00 ou fax: 988 38 51 84.

A presentación de ofertas e documentación debe realizarse no rexistro xeral da deputación ata as 12 horas do día 4 de decembro de 2002. A apertura de ofertas realizarase o día 10 de decembro, ás 12 horas, no Pazo Provincial. No caso de recibirse anuncio de ofertas por correo sen que a documentación teña entrada antes do día 10 de decembro, o acto de apertura tería lugar o día 17 do mesmo mes, ás 12 horas.

Garantías: provisional do 2% do tipo de licitación; definitiva do 4% do importe da adxudicación.

Ourense, 30 de setembro de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense