Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Tramitado o correspondente expediente administrativo, o Pleno do Concello de Tui aprobou definitivamente, en sesión realizada o día 30 de setembro de 2002, a modificación puntual nº 6 do PXOU de Tui, unidade de execución nº 6 do PXOU-estación de autobuses, aprobándose nos termos e condicións que recibiron o informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo o 16 de setembro de 2002 e de conformidade co disposto na Lei 1/1997, da Xunta de Galicia.

O que se fai público para os efectos recollidos no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo da Xunta de Galicia, facéndose constar que do mesmo xeito que publicado este edicto no DOG e no BOP, o concello procederá á publicación no BOP das normas urbanísticas (artigo 70 da Lei básica de réxime local modificada pola Lei 34/1994, do 30 de decembro), que non entrará en vigor ata a publicación íntegra do seu texto e transcorrido o prazo de 15 días, indicado no artigo 65.2º do mesmo corpo legal.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, contra o citado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente o recurso de reposición ante o Pleno da Corporación o día seguinte ó da derradeira publicación do anuncio no DOG ou no BOP.

Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se é o caso, no prazo de dous meses ó da notificación da resolución expresa do citado recurso.

Se a resolución non fose expresa o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Así mesmo, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, sen necesidade de interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro que estime pertinente.

Tui, 23 de outubro de 2002.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde