Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.496

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO de demanda de financiamento axustada ós termos que se citan.

Demanda de financiamento axustada ós seguintes termos:

-Modalidade: préstamo.

-Importe: ata 14.629.000 euros (2.434.060.794 de pesetas).

-Período de disposición: ata 6 meses nunha ou varias disposicións.

-Moeda: euros.

-Modalidades:

* Opción A: tipo de xuro variable referenciado a euribor a 3 meses.

Prazo: entre 7 e 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

* Opción B: tipo de xuro fixo.

Prazo: entre 7 e 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

* Opción C: calquera estructura que a entidade financeira considere que pode ser de interese para a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Prazo: entre 7 e 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

(Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. reserva para si, en función dos importes ofertados, o dereito a optar por calquera das tres opcións ou ben calquera das combinacións entre elas).

-Garantías: as que se deriven do convenio marco e do PEF global de 2002 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 15 de maio de 2002. O contrato que se asine poderá incluír dentro das causas de vencemento anticipado a modificación substancial do accionariado de Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Presentación de ofertas:

As ofertas dirixiranse en sobre pechado á atención do presidente de Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., praza de Europa, 10 A-5º, 15703 Santiago de Compostela, facendo constar nel, na marxe superior esquerda, o seguinte: «Oferta préstamo outubro 2002».

Prazo de presentación de ofertas:

As ofertas deberán presentarse antes das 12 horas do día 11 de novembro de 2002 no rexistro de Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

O/os mandato/s serán outorgado/s no prazo máximo de 8 días, contados desde a finalización do período de presentación de ofertas.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2002.

Juan José Novoa Montero

Presidente de Sociedade Pública

de Investimentos de Galicia, S.A.