Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUÍÑOS

EDICTO.

En cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o Pleno do Concello tomou razón, na súa sesión extraordinaria do día 28 de outubro de 2002, do Avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Muíños (Ourense), polo que se abriu un prazo de información pública dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia para que, entidades

e particulares, poidan suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes.

Muíños, 29 de outubro de 2002.

Plácido Álvarez Dobaño

Alcalde