Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización dun tramo da rúa do Gorgullón e primeira travesía, promovido por Benifran, Sociedad Limitada.

A Comisión de Goberno, en sesión de vintetrés de setembro de dous mil dous, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización dun tramo da rúa do Gorgullón e primeira travesía, promovido, mediante iniciativa particular, por José Benito Ameijeiras Escariz, actuando en nome e representación de Benifran, Sociedad Limitada, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con data 8-9-2000, memoria reformada e planos números 2, 4, 5, 6, 10, 12 e 13, con data de visado colexial do 6-6-2001, e planos números 3 e 4, con data de visado colexial do 25-1-2002, e planos números 12, con data de visado colexial do 25-3-2002, e números 3 e 4, con data de visado colexial do 24-5-2002, documentación que anula e substitúe á súa correlativa anteriormente presentada, toda ela redactada polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte dereito.

Pontevedra, 2 de outubro de 2002.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Alcalde acctal.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral