Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por Decreto da alcaldía do 11 de outubro de 2002 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para a contratación da adquisición dun furgón con plataforma aérea, que se expoñen ó público durante 8 días, contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultara necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, Praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono 986 61 00 00. Fax 986 61 02 83.

Obxecto do contrato.

Adquisición dun furgón con plataforma aérea.

Tipo de licitación.

54.091,09 euros, IVE incluído (cincuenta e catro mil noventa e un euros con nove céntimos).

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantías.

Provisoria: non existe.

Definitiva: 4% do orzamento.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horario de 9 a 13 horas, excepto sábado e festivos e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG en horas de nove a trece e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo terceira do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas forma inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

A apertura terá lugar ás 13 horas do día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

Gastos de anuncios.

A cargo do adxudicatario.

A Guarda, 11 de outubro de 2002.

José Luís Alonso Riego

Alcalde