Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

Por decreto da Alcaldía-Presidencia de data 24 de outubro de 2002, aprobouse inicialmente o proxecto de compensación elaborado e aprobado inicialmente pola xunta de compensación constituída para levar a cabo a urbanización do polígono AEI-23 Bruquetas, redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García e formalizado en escritura pública nº 3678 do 23 de agosto de 2002 ante o notario da Coruña, Ramón González Gómez, e exponse ó público no Negociado de Urbanisno en r/ María, 52-54, 5ª planta, xunto co expediente que se instrúe para o efecto, por prazo de vinte días, durante os cales poderá ser examinado por cantas persoas se consideren afectadas e formula-las alegacións que estimen pertinentes.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 24 de outubro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde