Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/254).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado L.A.T. 66 kV Mesón-Finsa II entre os apoios nº 29 e nº 33.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: modificación da liña de alta tensión a 66 kV Mesón-Finsa II, entre os apoios nº 29 e nº 33, consistente en implantar tres novos apoios metálicos nº 30 A, nº 31 A e nº 32 A, non modificando os nº 29 e nº 33, e instalando 721 m de liña trifásico, con conductor LA-180, así con cable de terra/fibra óptica AC-50/AUT. 4.64 F., para telecomunicación. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña