Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2002 pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta e con tramitación urxente, as obras de reparación das fachadas e recollida de pluviais no CEIP Valle Inclán, Oleiros e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: reparación das fachadas e recollida de pluviais no CEIP Valle Inclán

b) Lugar de execución: Oleiros

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 197.320,18 euros

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 4, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese (artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

2.2. a) Descrición do obxecto: cuberta do soportal e obras varias no CPI O Feal.

b) Lugar de execución: Narón.

c) Prazo de execución: cinco meses.

d) Importe total: 212.321,21 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo-categoría d.

f) Garantía provisional: exímese.

2.3. a) Descrición do obxecto: consolidación de noiros e cerramentos no IES Paseo das Pontes

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 143.601,04 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 4 e 6, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese.

2.4. a) Descrición do obxecto: obras varias no IES de Ponteceso.

b) Lugar de execución: Ponteceso.

c) Prazo de execución: dous meses.

d) Importe total: 81.742,11 euros.

e) Clasificación do contratista:

f) Garantía provisional: 1.634,84 euros.

2.5. a) Descrición do obxecto: ampliación pista descuberta, formación de bancadas, estructura e cuberta no IES da Laracha.

b) Lugar de execución: A Laracha.

c) Prazo de execución: cinco meses.

d) Importe total: 141.285,33 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 2 e 3, categoría c.

f) Garantía provisional: exímese.

2.6. a) Descrición do obxecto: soportal cuberto e obras varias no IES nº 1.

b) Lugar de execución: Ribeira.

c) Prazo de execución: tres meses

d) Importe total: 86.712,88 euros.

e) Clasificación do contratista:

f) Garantía provisional: 1.734,26 euros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade Técnica).

b) Domicilio: praza de Luís Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Teléfono: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG. Se este cae en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n 7ª planta.

-Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

6. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cae en sábado, trasladarase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

7. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 25 de outubro de 2002.

Jaime García y García

Delegado provincial da Coruña