Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.474

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (188/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o nº 188/2002 por instancia de José Arias Arias e outros, contra a empresa Grupo M.V. Recambios, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«A Coruña, 9 de outubro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuí

zo 188/2002, seguidos por instancia de José Arias Arias y Manuel Torres Vilas, maiores de idade, asistidos por José Páramo Sureda, contra a empresa Grupo M.V. Recambios, S.L., que non compareceu, e o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debe estimar e estimo a demanda interposta polos demandantes de José Arias Arias e Manuel Torres Vilas, e debo condenar e condeno a empresa Grupo M.V. Recambios, S.L., a que lle aboe ós demandates a cantidade de 4.534,20 euros a José Arias Arias e 4.456,71 euros a Manuel Torres Vilas, polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros, en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asinoo».

E para que sirva de notificación á empresa Grupo M.V. Recambios, S.L., con enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 9 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado