Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de outubro de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se relaciona requirimento de documentación pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Salvador Pérez-Labarta de Pablo).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase requirimento de documentación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, diante do servicio de secretaría, departamento de notificacións, con enderezo na praza de Pontevedra, nº 22, na Coruña, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 2 de outubro de 2002.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

ANEXO

Interesado: Salvador Pérez-Labarta de Pablo.

DNI: 33181370.

R/ Azalea, 504, Soto-Moraleja-Alcobendas (Madrid).

Procedemento: imposto sobre sucesións e doazóns.

Exp. herdanza de Alejandro Pérez-Labarta Salmonte.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA