Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.474

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2002 pola que se aproba a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior de I+D vacante no cadro de persoal laboral desta universidade, convocadas por Resolución do 9 de agosto de 2002.

Por resolución do rectorado desta universidade do 9 de agosto de 2002 (DOG do 6 de setembro/BOE do 6 de setembro), convocáronse probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior de I+D, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co establecido no artigo 12 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo) polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 20 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril).

Este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Declarar aprobada e facer pública a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión da causa de exclusión, ás citadas probas. A lista completa de aspirantes figurará exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Oporto, nº 1, Vigo) e nos rexistros dos campus de Ourense (unidade administrativa, campus As Lagoas, s/n, Ourense) Pontevedra (EUET forestal, campus A Xunqueira, s/n, Pontevedra) e As Lagoas Marcosende (CACTI campus As Lagoas-Marcosende, Vigo).

Segundo.-De conformidade coa base 4.1º da Resolución do 9 de agosto de 2002, os aspirantes excluídos e os omitidos por non figuraren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para emenda-los defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión.

Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, quedarán definitivamente excluídos da realización das probas.

Vigo, 11 de outubro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo