Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.474

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas provisionais de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de ordenanza do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.1 da Resolución do 19 de xuño de 2002, do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de ordenanza do CIXTEC, anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 28 de outubro de 2002 pola que declara aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos das citadas probas selectivas.

As devanditas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet: http://www.cixtec.es

Así mesmo, os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para poder corrixi-los defectos que motivaron a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable