Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/294-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., c. seccionamento e R.B.T. Coruxo-Fragoselo-Tintureira.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., composta polos seguintes tramos: 1º de 1.470 m de lonxitude, desde un apoio da L.M.T. ó C.T. Fraga-Fragoselo ata o C.T. Fragoselo. 2º de 80 m, desde o C.T. Fragoselo ata un apoio na L.M.T.A. ó C.T. Fraga-Fragoselo. 3º de 35 m, desde o c. seccionamento que se proxecta en grupo escolar Tintureira ata o empalme coa L.M.T. ó C.T. grupo escolar-Tintureira. C.T. de 160 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V en Tintureira. C. seccionamento con 3 liñas de manobra exterior. R.B.T., subterránea, con conductor tipo R.V., de 50 m de lonxitude, desde o C.T. Tintureira. A instalación está situada no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra