Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/311-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. r/ Emilia Pardo Bazán.

Situación: concello de Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 138 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T.S. VLG804, entre os CC.TT. Riasol e edificio León II, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Emilia Pardo Bazán, no concello de Sanxenxo, de 400 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, rematando no punto de inicio da liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra