Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/319-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. San Tomé de Piñeiro I-Pardavila.

Situación: concello de Marín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.609 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde a L.M.T. MUR 804 (Marín II) ata o C.T. existente de Pardavila, no concello de Marín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra