Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2002, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000944/2002-IN interposto pola Confederación Intersindical Galega.

A Inspección Xeral de Servicios recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000944/2002-IN interposto pola Confederación Intersindical Galega, sobre acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xuño de modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde (Sergas).

En consecuencia, esta Inspección Xeral de Servicios acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2002.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios