Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 28 de agosto de 2002, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala (Feal Martínez, Josefina).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra a debedora que se sinala na relación que

se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente practicouse dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade da debedora; dilixencia que non lle puido ser notificada á interesada malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Do embargo que se cita tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázase a interesada, ou o seu representante, para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes, 17-1ºA) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 28 de agosto de 2002.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesada: Feal Martínez, Josefina.

Data dilixencia: 1-8-2002.

Descrición do ben: embargo de posto de peixería no mercado municipal das Pontes de García Rodríguez.