Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.412

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (772/2001-CH).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos que se seguen neste xulgado por instancia de Vicente Miguel del Corral Prieto contra Claudina Castro, se dictou sentencia e se acordou notificarlla á demandada, mediante a publicación da seguinte cédula de notificación:

«A Coruña, 25 de setembro de 2002.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, estes autos de separación contenciosa, seguidos neste xulgado co nº 772/2001-CH, por instancia de Vicente Miguel del Corral Prieto, representado polo procurador Jacobo Tovar-Espada Pérez, defendido pola letrada Elisa Rojo Negro, sendo a parte demandada Claudina Castro, declarada en situación procesual de rebeldía. Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda formulada polo procurador Jacobo Tovar-Espada Pérez, en nome e representación de Vicente Miguel del Corral Prieto, contra Claudina Castro, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a separación do matrimonio constituído por Claudina Castro e Vicente Miguel del Corral Prieto, que tivo lugar en Carballo o 4 de marzo de 1994, cos efectos legais inherentes a tal pronunciamento. Sen imposición de custas.

Notifíqueselle esta resolución á demandada rebelde.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación por escrito ante este mesmo xulgado, no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto, que asino na Coruña o 8 de outubro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA