Convocada por Orde do 13 de setembro de 2002 (DOG nº 188, do 30 de setembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 13 de setembro de 2002 (DOG nº 188, do 30 de setembro).
Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencionso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2002.
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións
Laborais
ANEXO I
NRP ou DNI: 3471846335A2053.
Apelidos e nome: Tresguerras González, Elvira.
Grupo: C.
Corpo/Escala: administrativo.
Código do posto: XUC010000015770001.
Denominación: secretario/a conselleiro.
Nivel: 20.
Dependencia: Gabinete do conselleiro.
Localidade: Santiago de Compostela.