Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (386/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 386/2002 seguidos por instancia de Mª Carmen Fraga Vázquez e outros contra Recapa, S.L. e outros, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 15 de xullo de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por María del Carmen Fraga Vázquez, Purificación Loureiro del Río, María del Pilar Ramilo Suárez e Josefina Seijas Carbón, debo declarar e declaro o dereito das demandantes a percibi-las cantidades que se dirán polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Recapa, S.A. a que, estando e pasando por tal declaración, lles aboe ás demandantes as seguintes cantidades:

TraballadorCantidade condena

Mª Carmen Fraga Vázquez2.917,20 euros

Purificación Loureiro del Río1.145,89 euros

Mª del Pilar Ramilo Suárez1.827 euros

Josefina Seijas Carbón1.803,61 euros

E debo absolver e absolvo o Fogasa, en relación coas cantidades obxecto da condena, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do E.T.

Respecto á intervención da empresa, debo absolver e absolvo a Juan Antonio Vallejo Herranz, Luciano de Dios Teijeira e Banco Popular Español, S.A. das pretensións da demanda.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, contra esta resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, de se-lo caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, que poderá substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lle sirva de notificación a Recapa, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ Newton, 10-1º, 15008 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 4 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado