Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (10/2002).

María Mercedes Martín Olivera, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Muros, fago saber que neste xulgado e co nº 10/2002 se segue, por instancia de Guillermina Caamaño Senlle, expediente para a declaración de falecemento de Ramón Guillermo Caamaño Senlle, natural de Muros, veciño de Serres, nº 32, Muros, quen desapareceu o 1-8-1992, cando se atopaba nas rochas de Leixoes, na ría de Muros, tras caer ó mar mentres collía percebes, sen que se tivesen desde aquela noticias súas.

O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia, poidan poñelo en coñecemento do xulgado e ser oídos.

Dado en Muros, 25 de setembro de 2002.

A xuíza

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado