Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 14 de outubro deste ano, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de instalación de luz pública en Viveiro.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: setenta mil douscentos trinta e oito euros con noventa e un céntimos de euro (70.238,91 A), de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material:49.322,29 A

Gastos xerais:6.411,90 A

Beneficio industrial:2.959,34 A

IVE:9.390,96 A

Honorarios proxecto técnico:1.857,26 A.

IVE:297,16 A.

4. Garantías.

a) Provisional: mil catrocentos catro euros con setenta e oito céntimos de euro (1.404,78 A).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco; avda. de Cervantes, s/n, das 8 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o décimo terceiro día coindida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono 982 56 20 47, das 8 ás 15 horas, fax 982 56 31 56.

Correo eléctrico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 15 de outubro de 2002.

Justo Vázquez Chao

Alcade