Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.344

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CORRECCIÓN de erros do anuncio do pacto de contratación indefinida.

Advertidos erros no anuncio de pacto de contratación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 195, do mércores, 9 de outubro de 2002, páxina 14.545, procédese a efectua-las oportunas correccións:

Punto nº 5: (elaboración e vixencia das listas), onde di: «Sen embargo darase oportuna información do proceso seguido para a confección das listas ó comité de empresa...», debe dicir: «... ó comité de empresa e delegados de persoal ...».

Punto nº 7: (seguimento do pacto), onde di: «Para o seguimento do pacto constituirase unha comisión paritaria, integrada por tres membros por parte do comité de empresa ...», debe dicir: «comité de empresa e delegados de persoal».