Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 14 de outubro deste

ano, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de reforma do parque Pernas Peón.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: cento cincuenta e seis mil douscentos sesenta e tres euros con quince céntimos de euro (156.263,15 A), de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material:109.520,01 A

Gastos xerais:18.618,40 A

Beneficio industrial:6.571,20 A

IVE:21.553,54 A

4. Garantías.

a) Provisional: tres mil cento vintecinco euros con vinteseis céntimos de euro (3.125,26 A).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco; avda. de Cervantes, s/n, das 8 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o décimo terceiro día coindida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono 982 56 20 47, das 8 ás 15 horas, fax 982 56 31 56.

Correo eléctrico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 15 de outubro de 2002.

Justo Vázquez Chao

Alcade