Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da delimitación de polígono na avenida do Aeroporto e na rúa Mestre Soutullo (expediente 7516/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 5 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente, coas finalidades sinaladas na parte expositiva do presente acordo, a delimitación dun polígono de 3.103,30 m de superficie, na avda. do Aeroporto e rúa Mestre Soutullo, integrado por tres parcelas de 2.703,30, 200 e 200 m de superficie, propiedade, respectivamente, de Darío Fernández Domínguez e outros, Ricardo Cendón Domínguez e José Pérez Barcia, cos lindeiros e configuración que a continuación se expresan, reflectidas nos planos que figuran no expediente:

-Norte: avenida do Aeroporto.

-Sur: propiedades privadas.

-Leste: propiedades privadas.

-Oeste: rúa Mestre Soutullo.

Segundo.-Aprobar inicialmente a determinación do sistema de compensación como sistema de actuación no polígono a delimitar.

Terceiro.-Sométase o expediente a información pública na forma legalmente prevista, xustificada que sexa a condición de propietarios dos que figuran como tales no expediente».

De conformidade co disposto nos artigos 133.8º e 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG), procede somete-lo expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia e notificación individualizada ós directamente interesados, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se estimen convenientes.

O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 11 de setembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo