Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de exposición ó público de delimitación de unidade de execución e estudio de detalle en Agra da Cruz, Samoedo.

Por decreto da Alcaldía, do 17 de outubro de 2002, aprobáronse inicialmente a delimitación da unidade de execución e o estudio de detalle en Agra da Cruz-Samoedo, por instancia de La Añota, S.L., segundo proxecto redactado por Portela Varela Puente Arquitectos, S.L. Para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 44.3º e 121 da Lei do solo de Galicia, os devanditos instrumentos urbanísticos sométense a un período de información pública polo prazo dun mes -contado a partir do día seguinte ó da última notificación ou publicación no DOG ou no xornal El Ideal gallego- podendo os interesados durante el formular alegacións; o expediente está á súa disposición na secretaría xeral.

Sada, 17 de outubro de 2002.

José Emilio Gómez López

Alcalde accidental